Cartas de amor

Opina, comenta, suxire o que queiras sobre este libro e a túa experiencia de lectura. Se xa o liches, como autor, gustaríame saber a túa opinión. Deixa o teu comentario.

2 comentarios:

  1. Elixo este método porque non teño outro. Mañá 22 ía preguntarche isto nunha presentación que fas nun instituto, pero a miña profesora non ma permite facer, xa ves que liberdade teño de facer as preguntas directamente.
    No teu libro falas de casos de xente que emigrou a outro país e desexa regresar ao fogar patrio, xente que sente tristura e pánico case por vivir neste país ou outro que non ten a contorna necesaria par acollelos e permitirlle vivir cos mesmos dereitos que os demais habitantes do país.
    Tendo a pensar que detrás diso escóndese un escritor que considera que os emigrantes por desgraza non teñen os mesmos dereitos que os habitantes do país ao que acoden con ilusión.
    De aí toda a tristura da maioría das cartas. E a fonda desilusión.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Eu estou aberto sempre a todo tipo de preguntas. En calquera caso, contéstoche por esta vía.
    «Cartas de amor» é un libro protagonizado por mulleres que viven (ou sobreviven) en condicións e circunstancias moi difíciles. En todo o libro está presente o desprazamento, a fuxida, a emigración forzosa, desde «Ilegal» a «Lonxe», desde «Sáhara, amendoa amarga» a «Confesión» (proque a fuxida tamén pode ser psicolóxica). O desprezo, a marxinación, o medo á diferenza, a guerra, a pobreza, a violencia... sobrevoan constantemente as vidas das protagonistas. Nese marco, os inmigrantes son persoas que teñen que abandonar as súas casas e os seus países porque non lles queda máis remedio. Abandonalo todo o teu é moi duro e a ninguén lle gusta facelo se non tes un billete de volta asegurado. Só poden agarrarse á esperanza. Pero os países que reciben inmigrantes (que recibimos) facémolo con leis, con actitudes, con consideracións, con comportamentos discriminatorios. Os inmigrantes enfróntanse a unha cultura descoñecida, a unha lingua descoñecida, a un territorio alleo e estraño e, efectivamente e por desgraza, son considerados cidadáns de segunda clase, que non teñen os mesmos dereitos. Os galegos deberíamos ter aprendida a lección porque ao longo da nosa historia fomos destacamos emigrantes. A historia repítese.
    Saúdos.

    ResponderEliminar

Opina, comenta, suxire o que queiras sobre este libro ou a túa experiencia de lectura. Deixa o teu comentario.